Chantada - 19 e 20 de Novembro

Foro Rural Sustentable 2024

Foro Rural Sustentable

O espazo no que o rural deseña o seu futuro

O Foro Rural Sustentable é un evento de carácter anual que reúne a expertos, profesionais, investigadores, empresarios e representantes da sociedade civil para discutir e promover a sustentabilidade do rural. O Foro céntrase na procura de solucións sostibles en áreas como a conservación dos servizos ecosistémicos, a prosperidade da poboación, a calidade de vida e a preservación do patrimonio cultural.

O resultado último do Foro Rural Sustentable é xerar alianzas, compartir coñecemento e promover cambios regulatorios que contribúan á transformación do medio rural.

Organiza

Impulsan

Actualidade

FRS24 – Chantada 19 e 20 de Abril

Os Casares (Chantada), 19 e 20 de Abril

Segunda Edición: FRS24

O éxito da primeira edición é boa mostra de que o rural demanda un espazo para falar, reflexionar, compartir e establecer as liñas de prosperidade que marquen o seu futuro.

Afrontar este reto require de importantes cambios na forma de afrontar case que todos os aspectos da vida cotiá. Dende o consumo de enerxía, á forma en que nos desprazamos, as alternativas de ocio, os alimentos que consumimos,… Todos eles cambios grandes e profundos.

A Fundación Galicia Sustentable estamos a traballar nun programa coa perspectiva de manter a indepencia e a capacidade non dirixida de opinión das e dos participantes, con formatos e participacións para que as ideas e propostas para o rural que o propio rural ten, sexan escoitadas e debatidas.

Se tes alguna proposta ou coñeces iniciativas que deban ser conhecidas non dubides en nos escribir a fororural@galiciasustentable.org.

Informacións prácticas

Reptimos localización. Este ano o Foro Rural Sustentable regresa ao Espazo Vilaseco en Chantada os días 19 e 20 de Abril de 2024.

O Foro Rural Sustentable consiste esta edición de dúas xornadas. O venres 19 teremos unha serie de sesións técnicas con expertos, académicos e iniciativas do rural acerca das preguntas que nos temos que facer para un rural próspero.

Na xornada do sábado é o espazo para as ideas e a participación. As palestras lanzarán os debates co obxectivo de confrontar as notas propias concepcións do rural. Con varios espazos para compartir coloquialmente, remataremos cunha sesión de traballo por grupos que recolla  propostas de transformación para o noso rural.

O Foro Rural Sustentable é un evento pechado ao que se asiste por invitación.

Se tes interese no Foro Rural Sustentable ou para calquera dúbida, podes contactarnos en fororural@galiciasustentable.org

Ponentes

Un panel cargado de experiencia

Manuel Campo Vidal

É licenciado en xornalismo pola Universidade Autónoma de Barcelona e enxeñeiro técnico industrial pola Universidade Politécnica de Cataluña. Tamén estudou socioloxía na Escola de Estudos Superiores en Ciencias Sociais (París) e doutorouse en socioloxía (Economía Aplicada) pola Universidade Complutense de Madrid.

Anxo Ferreira

Enxeñeiro Agrícola e Agroalimentario e Máster en Enxeñería Agronómica pola USC, é investigador residente da Fundación Galicia Sustentable e Investigador da Cátedra de desarrollo sostenible da UDC explorando iniciativas e casos de éxito na transformación do rural en diferentes territorios.

Adrián Capelo

Estudou arquitectura na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña en 2017 e cursou un máster en planificación e xestión Territorial da Universidade de Santiago de Compostela. Incorpórase en 2017 como integrante do equipo de Estudo Arousa e posteriormente da Fundación RIA. Na fundación, Adrián desempeña labores de coordinación de estudos, fotografía, edición e administración.

Antonio Roade

Socio de Lagar do Vento, un viñedo familiar cunha produción limitada e un forte compromiso coa viticultura rexenerativa, que busca conservar a contorna e loitar contra o cambio climático. É o único membro en Galicia da pioneira Asociación de Viticultura Rexenerativa, así como a Regenerative Viticulture Foundation

Celsa Peiteado 

Enxeñeira agrónoma pola Universidade Politécnica de Madrid. Responsable do Programa de Alimentación Sostible en WWF España.Responsable de propostas, seguimento e avaliación de políticas agrarias e de desenvolvemento rural e a súa contribución a obxectivos ambientais, de loita contra cambio climático e alimentación sustentable.

David Sueiro

Fundador e actualmente copropietario de Galo Celta donde se dedíca á cría en liberdade de galos e galiñas para a produción de carnes e ovos de alta calidade e gran valor culinario.

Idoia Cuesta

Chegou a Galicia para terminar a súa tese en Ciencias do Mar pero a natureza tíñalle preparado outro camiño que a levou a converterse en toda unha referencia da cestería tecendo para firmas como Loewe, Zara, Adolfo Domínguez ou Maya Hansen.

JJ Delgado

PhD Cum Laude en Economía Dixital, é unha figura destacada e recoñecida no ámbito do crecemento empresarial e o márketing dixital. A súa experiencia internacional e o seu éxito no liderado e asesoramento de diversas empresas convérteno nun experto confiable no campo.

José Antonio Landeira

E Enxeñeiro Agrónomo e Técnico Agrícola con 18 años de experiencia como técnico en nutrición y asesor agronónomo. Cofundador de Tofu Landeira, empresa de plantación de soia e transformación de tofu cuxo obxectivo é crear e dar forma a un produto propio que permita recuperar o verdadeiro valor que teñen as terras galegas.

José Manuel Andrade

Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade da Coruña, desenvolveu a súa carreira profesional desde 1997 na Fundación Juana de Vega, da que é director desde o ano 2005.

Lucía Calvo

Unha das dúas metades da Despensa D’Lujo, desde onde comercializan unha gran variedade de legumes e mesmo colaboran co CSIC investigando con diferentes sementes. Mugaritz, El Celler de Can Roca, El Corral del Indianu, Nado ou La Bien Aparecida son só algúns dos restaurantes que se renderon á súa oferta hortícola.

María Tallón

María é a garantía de continuidade de Anades Galicia, o proxecto moi singular que iniciou o seu pai, Silverio. Trátase duha empresa agroalimentaria adicada á elaboración de produtos derivados do pato desde a cria á sua transformación culinaria.

Miguel Roig

Fundador de Os Biosbardos, un proxecto de agricultura ecolóxica baseado nos principios da permacultura e co obxectivo de ser 100% sustentable. A súa formación en Enxeñería levoulle a fundar outras empresas como Hunt Tech Solutions, onde combina a última tecnoloxía co coidado e respecto polo chan.

Miriam Pérez

É Directora da Galería Vilaseco e responsable do impulso do Espazo Vilaseco, unha antiga granxa de gandería transformouse converténdose nun espazo aberto á arte contemporánea no rural de Galicia.

Xesús Mazaira

Xesús deixou o seu posto de funcionario para crear unha queixaria sen apenas coñecemento do sector. Con traballo, adicación e moita innovación, en moi pouco tempo, Airas Moniz foi recoñecida como mellor queixo azul de España entre outros moitos recoñecementos.

Xosé Lois Lamazares

Coordinador XeralDaveiga Producción Responsable. Empresa social que fundou e levantó por convicción de que as cousas no rural poderían e deberían funcionar doutro xeito.

Luis García

Apaixoado pola educación tras moitas voltas na sua vida, foi durante os últimos anos diretor do Centro nde Promoción Rural – EFA Fonteboa e actualmente é reponsable na Coordinadora de centros EFA en Galicia (centros de formación para o desenvolvemento do medio rural).

Fernando Jiménez

Es Ingeniero Superior de Telecomunicaciones por la Universidad de Vigo, Máster en Gestión y Dirección de Empresas por ICADE y cuenta con formación específica en Gestión de la Innovación y en gestión de negocios digitales. Se incorpora a Gradiant en 2013 donde continúa como Gerente del Centro Tecnológico.

Roberto del Navío

Ha desarrollado su carrera profesional desde hace más de 20 años en el ámbito de las start ups tecnológicas a nivel internacional, primero desde la parte inversora y posteriormente como fundador. Ha participado como Consejero y asesor en más de 25 de start ups y compañías en fase de expansión y crecimiento en diferentes sectores como biotecnología, software, telecomunicaciones, energía o ciberseguridad entre otros. Colabora habitualmente con Fondos corporativos e instituciones enfocadas en el lanzamiento y expansión de nuevas iniciativas empresariales y estrategias de crecimiento.

FRS23

Resumo da primeira edición

A primeira edición do Foro Rural Sustentable tivo lugar no Espazo Vilaseco en Chantada o 21 de Xullo de 2023 onde reuniu a iniciativas rurais, investigadores, empresarios e representantes da sociedade civil para promover a sustentabilidade do rural a través de propostas de prosperidade que buscan solucións en áreas como a produción agroalimentaria, a conservación dos servizos ecosistémicos, a prosperidade da poboación, a calidade de vida e a preservación do patrimonio cultural.

Con diversos formatos de participación, esta primeira edición permitiu facer unha análise da situación de partida dando voz a múltiples actores presentes no medio rural que tiveron a oportunidade de compartir a súa experiencia para desenvolver propostas concretas e recomendacións que promovan a sustentabilidade a nivel local e global.

Entidades participantes

Iniciativas que xa teñen compartido con nós a súa visión e propostas para un rural próspero e sustentable.
Canalizamos o teu compromiso cun rural próspero e sustentable.

A Fundación Galicia Sustentable organiza o Foro Rural Sustentable, a plataforma ideal para implicar á tua empresa ou organización como axente activo na transformación do rural nun medio máis próspero e sustentable.