Chantada

FRS23

O Foro Rural Sustentable reuniuse por primeira vez o venres 21 de xullo de 2023. Nesta primeira edición xuntou a iniciativas rurais, investigadores, empresarios e representantes da sociedade civil para promover a sustentabilidade do rural a través de propostas de prosperidade que buscan solucións en áreas como a produción agroalimentaria, a conservación dos servizos ecosistémicos, a prosperidade da poboación, a calidade de vida e a preservación do patrimonio cultural.

Con diversos formatos de participación, esta primeira edición permitiu facer unha análise da situación de partida dando voz a múltiples actores presentes no medio rural que tiveron a oportunidade de compartir a súa experiencia para desenvolver propostas concretas e recomendacións sobre: modelos de xestión sustentables, tecnoloxía e comercialización.