FRS23

Un espazo para impulsar cambios regulatorios que favorezan un rural sustentable.

O Foro Rural Sustentable reunión reuniu o venres 21 de xullo de 2023 a iniciativas rurais, investigadores, empresarios e representantes da sociedade civil para promover a sustentabilidade do rural a través de propostas de prosperidade que buscan solucións en áreas como a produción agroalimentaria, a conservación dos servizos ecosistémicos, a prosperidade da poboación, a calidade de vida e a preservación do patrimonio cultural.

Con diversos formatos de participación, esta primeira edición permitiu facer unha análise da situación de partida dando voz a múltiples actores presentes no medio rural que tiveron a oportunidade de compartir a súa experiencia para desenvolver propostas concretas e recomendacións que promovan a sustentabilidade a nivel local e global.

O rural falando do rural

Un panel de relatores de perfís diversos marcou un contexto sobre a situación actual no rural. Sobre as súas achegas perfiláronse as conversacións cos participantes sobre as que agora se elaborarán as conclusións.

Acompañáronnos en Chantada: Miriam Pérez do Espazo Vilaseco, José Manuel Andrade da Fundación Juana de Vega, David Sueiro de Galo Celta, Cristina Fernández-Armesto de Casa Grande de Xanceda, Nuria Varela-Portas de Pazo de Vilane, Ana Vázquez de Airas Moniz, Néstor Liñares de Horta dá Lousa, Xosé Lois Lamazares de Daveiga, Luis Carreira de Arqueixal, Jaime Otero da Estación Agroecológica Vieiro, José Luis Reza do Clúster do ecommerce Galego, Germán García de Cortes de Muar e Ana Corredoira da Cernada.

Espazo Vilaseco Chantada

2023 Xullo

Impulsa

HDR_100

Organiza

2021-FGS-serenity-100

Videos das intervencións

FRS23

Lola Fernández Os Casares
Miriam Pérez Espazo Vilaseco
Bea Pérez Máis que Románico

Jaime Otero
Estacion Agroecológica Vieira

Luis Carreira
Arqueixal

Nuria Varela-Portas
Pazo de Vilane

David Sueiro Galo Celta
Ana Vázquez Airas Moniz

Jose Manuel Andrade
Fundación Juana de Vega

Cristina Fernández-Armesto
Casa Grande de Xanceda