Os Casares (Chantada), 19 e 20 de Abril

Segunda Edición: FRS24

O éxito da primeira edición é boa mostra de que o rural demanda un espazo para falar, reflexionar, compartir e establecer as liñas de prosperidade que marquen o seu futuro.

Afrontar este reto require de importantes cambios na forma de afrontar case que todos os aspectos da vida cotiá. Dende o consumo de enerxía, á forma en que nos desprazamos, as alternativas de ocio, os alimentos que consumimos,… Todos eles cambios grandes e profundos.

A Fundación Galicia Sustentable estamos a traballar nun programa coa perspectiva de manter a indepencia e a capacidade non dirixida de opinión das e dos participantes, con formatos e participacións para que as ideas e propostas para o rural que o propio rural ten, sexan escoitadas e debatidas.

Se tes alguna proposta ou coñeces iniciativas que deban ser conhecidas non dubides en nos escribir a fororural@galiciasustentable.org.

Informacións prácticas

Reptimos localización. Este ano o Foro Rural Sustentable regresa ao Espazo Vilaseco en Chantada os días 19 e 20 de Abril de 2024.

O Foro Rural Sustentable consiste esta edición de dúas xornadas. O venres 19 teremos unha serie de sesións técnicas con expertos, académicos e iniciativas do rural acerca das preguntas que nos temos que facer para un rural próspero.

Na xornada do sábado é o espazo para as ideas e a participación. As palestras lanzarán os debates co obxectivo de confrontar as notas propias concepcións do rural. Con varios espazos para compartir coloquialmente, remataremos cunha sesión de traballo por grupos que recolla  propostas de transformación para o noso rural.

O Foro Rural Sustentable é un evento pechado ao que se asiste por invitación.

Se tes interese no Foro Rural Sustentable ou para calquera dúbida, podes contactarnos en fororural@galiciasustentable.org

Axenda do sábado 20 de Abril

0930h Café recepción de asistentes

1000h Benvida
PROPÓSITO COMPARTIDO. TEMOS UN PLAN?

1015h Apertura. Tribuna.
SE NO RURAL VES FUTURO, ÉS DOS NOSOS.
Manuel Campo Vidal
Xornalista

1045h Casos de éxito
UN RETO NON UTÓPICO. EXPLOREMOS.
Anxo Ferreira
Fundación Galicia Sustentable

1100h Conversa
CARA UN CAMBIO REAL
Ángel Fernández
Cátedra HDR-UdC en Desarrollo Sostenible
Adrian Capelo
Fundación RIA
Marcos Pérez
Fundación Galicia Sustentable
Suso Mazaira
Airas Moniz

1145h Debate
RESPOSTAMOS ÁS PREGUNTAS CLAVE
Jose Manuel Andrade
Fundación Juana de Vega
Celsa Peiteado
WWF
Ana García
Anades Galicia
David Sueiro
Galo Celta

1230h Pausa aperitivo
COLOQUIO INFORMAL

1300h Conversa
ACTITUD E APTITUDES PARA UN FUTURO PRÓSPERO
Luis García
EFA Galicia
Xosé Lois Lamazares
Daveiga

1330h Discusión
SISTEMAS PRODUTIVOS PARA A SOBERANÍA ALIMENTARIA
Miguel Roig
Os Biosbardos
Lucía Calvo
La Despensa d’Lujo
Antonio Roade
Lagar do Vento
Jose Antonio Landeira
Tofu Landeira

1415h Comida coloquio
CONVERSA INFORMAL

1600h Conversa
COMO APROVEITAR A REVOLUCIÓN TECNOLÓXICA. DE BARREIRA A CATAPULTA
J.J. Delgado
Bigcrafters
Fernando Jiménez
Gradiant
Roberto del Navío
Dotlake

1645h Experiencias en diversificación
DISRUPCIÓN DESDE A TRADICIÓN
Miriam Pérez
Espazo Vilaseco
Idoia Cuesta

1715h Proposta de transformación
GRUPOS DE TRABALLO

1815h Presentación dos grupos

1830h Conclusión
RESUMO DA XORNADA E PRÓXIMOS PASOS
Marcos Pérez
Fundación Galicia Sustentable

Unha experiencia para recordar

O Foro é unha experiencia para quen participa del. Unha serie de xornadas con presentacións, debates e oportunidades para reflexionar sobre as opcións dun futuro sustentable no medio rural.

Espazo para a reflexión

Debates reais e abertos que máis que buscar respostas tratan de xerar dúbidas nás conviccións preestablecidas.

Iniciativas locais

Iniciativas que deberías coñecer pola contribución que están a facer para a sustentabilidade do medio rural.

Coñecemento internacional

Contaremos con algunas das experiencias máis vangardistas que se están a implementar no medio rural polo mundo.

Contidos propositivos

Todas as intervencións e actividades do Foro están orientadas á facilitar a nosa capacidade de facer propostas.

Rigoroso e entretido

O Foro Rural Sustentable é deseñado para acadar propostas de transformación do medio rural sen perder a perspectiva do entretemento.