Organiza

Fundación Galicia Sustentable

A Fundación Galicia Sustentable é unha organización privada, sen ánimo de lucro, constituída no 2008 co propósito de transformar Galicia nunha sociedade sustentable.

A Fundación Galicia Sustentable traballa desde diversas frontes (divulgación, investigación e impacto) para introducir criterios de sustentabilidade na posta en valor dos recursos estratéxicos de Galicia cunha orientación cara a prosperidade social e a eficiencia ambiental.

 

Impulsa

Corporación Hijos de Rivera

Desde o seu compromiso de impacto positivo, Corporación Hijos de Rivera impulsa o Foro Rural Sustentable.

Corporación Hijos de Rivera é un Grupo Cervexeiro familiar, internacionalizado, especializado na produción, comercialización e distribución de bebidas, de capital 100% nacional e independente, que mantén a súa sede en Galicia. Para crear o mundo no que cre aliña as súas operacións cos dez principios do Pacto Mundial das Nacións Unidas, así como cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

 

Entidades participantes

Iniciativas que xa teñen compartido con nós a súa visión e propostas para un rural próspero e sustentable.